—Cóntenos sobre o seu momento actual no persoal e no profesional.
Estou pasando as vacacións en Vigo e irei a Cuba en breve, así que moi ben. Profesionalmente, publiquei o meu primeiro libro de poemas antes do verán que se titula Clepsidras. E en outubro sacarei outro libro.
—Se tivese que escoller un só libro dos que leva publicado, cal sería?
As autoras sempre dicimos que o último. Así que agora teño que dicir que o que vou publicar en outubro, ademais porque é unha historia familiar.
—Falando de escoller, cal foi o mellor concerto da súa vida?
Foi un concerto dos Fabulosos Cadillacs hai varios anos. Ándalle moi perto tamén o concerto de Serrat en Vigo.
—Como lle gusta gozar do verán?
Gústame viaxar, mais como non sempre se pode, tamén me gusta moito estar en Vigo.
—Cando vai á praia, pasa máis tempo na auga ou na area?
Paso máis tempo na area porque se pasase máis tempo na auga o perigo de hipotermia sería real.
—A onde non iría nunca de vacacións?
Non iría a un lugar de demasiada calor e onde haxa pouco que facer.
—Praia ou piscina?
Praia, aínda que coas miñas nenas agora estamos frecuentando tamén a piscina.
—Un sitio que teña pendente de visitar?
Moitos. Un deles é Cuba e xa vou ir en breve. Tamén Tailandia e demais sitios.
—Unha viaxe que teña gravada como 'a viaxe'?
Para min, 'a viaxe' foi unha que fixen a Nápoles hai uns anos. Tamén unha viaxe a México en 2017.
—Un festival ou cita cultural á que non falle?
A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Só fallei este ano pero por unha causa maior.
—Recoméndenos unha canción.
Canción diría calquera de Su Garrido.
—E un libro?
Pois diría O meu sangue, de Diego Giráldez.