Risco extremo

Os incendios da fin de semana deixan máis de 150 hectáreas queimadas

Son máis de 150 as hectáreas queimadas nos incendios que tiveron lugar a pasada fin de semana na Galiza. A Xunta vén de suspender as queimas e os permisos anteriormente concedidos, mentres que a Axencia Estatal de Meteoroloxía advirte do "risco extremo" de incendios en zonas costeiras da Galiza polos fortes ventos e polas temperaturas en ascenso que se prevén para a terza feira, 26 de marzo.

D2b1yv9W0AADKMV
photo_camera [Imaxe: @bmarroxo] Así ficou a parroquia de Chandrexa afectada polo lume
Comentarios