Tres incendios afectaron esta fin de semana a Baiona. Rexistráronse na parroquia de Baredo e afectan unha superficie de 30 hectáreas. O primeiro dos lumes rexistrouse pasadas as 00.30h do sábado e ficou controlado ás 8.30h deste domingo. Os outros dous incendios comezaron á 1h do domingo e aínda se traballa na súa extinción.
Os efectos destes incendios percíbense desde toda a comarca. Segundo informa a veciñanza, a ría de Vigo está afectada polo fume.