Noveno #VenresNegro

A incansábel loita do persoal da CRTVG contra a manipulación

As profesionais da CRTVG non se renden. Por novena semana consecutiva, vestiron de negro e concentráronse nas sedes da compañía pública de comunicación en protesta contra a manipulación informativa e as retalladas.

venres negro 20 de xullo 2
photo_camera Persoal da CRTVG na protesta do noveno #VenresNegro, este 20 de xullo. Foto: @DefendeAGalega.
Comentarios