Eloy Velasco, xuíz da Audiencia Nacional española, imputou esta terza feira a catro cidadáns galegos por suposto delito de "enaltecemento do terrorismo".
A decisión do instrutor é produto dunha querela presentada polo Ministerio fiscal en que se denuncia a participación dos mozos nun acto reivindicativo no que "portaban fotografías" de Eduardo Vigo, Roberto R. Fialhega, Antom Santos e María Osório, @s catro independentistas acusad@s de "pertenza a banda armada".
A concentración, segundo recollen as axencias de noticias, desenvolveuse na capital galega o pasado 2 de xullo, coincidindo co decorrer do xuízo no tribunal español. B.M.R, R.MR, J.L.L, e X.R.S deberán prestar declaración perante a Audiencia Nacional española o vindeiro mes de setembro.