Hospitais privados da Galiza reclaman xudicialmente que a Xunta lles pague os danos e prexuízos derivados de "ser intervidos no Estado de Alarma"
O informe forense elaborado por KPMG a petición de Ahosgal, asociación que representa estes hospitais, cifra en 13,3 millóns de euros as perdas que sufriron os centros hospitalarios pola súa "posta a disposición" da Administración Pública con todos os seus medios "persoais e técnicos ao completo".
O recurso, presentado por 10 dos 12 hospitais que formaban parte a Asociación de Hospitais de Galiza nese momento, solicita a indemnización individualizada despois de que o Servizo Galego de Saúde non respondese á reclamación administrativa presentada por estes centros privados en marzo de 2021, na que demandaba o abono dos danos causados pola "posta a disposición" durante o Estado de Alarma.
A Xunta destina anualmente por volta de 200 millóns de euros a concertos coa sanidade privada.
Para determinar as contías dos danos causados, Ahosgal solicitou un "Informe de Experto Independente" á auditora KPMG, a mesma que elaborou o informe sobre a fusión das caixas galegas empregado pola Xunta para defender esa unificación.
Cartos para a privada
A Xunta destina anualmente por volta de 200 millóns de euros a concertos coa sanidade privada.
O informe ‘Sanidade privada 2019’ , elaborado polo Instituto para o desenvolvemento e integración da sanidade, o maior incremento en porcentaxe nese capítulo no conxunto do Estado español deuse en Galiza e Balears, con 0,4% de aumento.
No caso da Galiza foron nese exercicio perto de 230 os millóns de euros que se orzamentaron nesa partida.