“Demasiado novo e de modo inesperado. Esta semana o movimento popular galego perdeu um militante da causa nacional e de classe, ativo em diferentes ámbitos de trabalho social desde os seus tempos de estudante de Filologia Galega na Universidade da Corunha”. Con estas palabras comezaba o recordatorio que amigas e compañeiras de Afonso Mendes Souto publicaban no semanario en papel Sermos Galiza da pasada quinta feira, dous días despois de coñecerse o falecemento repentino do coruñés nado en 1980.
Afonso Mendes, a quen se homenaxeará cun acto civil esta cuarta feira, día 7, ás 15 horas no tanatorio Albia da Coruña, incorporouse desde novo ás filas do independentismo, do movemento xuvenil estudantil, político e cultural. Pertenceu á AGIR, Briga, Nós-Up e Primeira Linha e participou do Centro Social Gomes Gaioso. Socio da AGAL e da Comissom Lingüística da Associaçom de Estudos Galegos, o seu círculo lémbrao como “umha das pessoas que passam à história sem fazer barulho, nem mais interesse social que contribuir para umha Galiza melhor e um mundo mais humano”.
Acto de homenaxe
O acto civil de homenaxe contará coas intervencións da poeta Yolanda Castaño, amiga do falecido, e da escritora Pilar Pallarés. Sobre Pallarés, Mendes escribira nas súas redes sociais: “Hai vinte anos tiven a sorte de ser alumno dela. Multiplicou as ganas de aprender en min, facía cousas como explicar A Esmorga de Blanco Amor a través do existencialismo francés. Foi ela quen, entre outras cuestións, me deu a Camus e a Sartre, mais, sobre todo, foi quen me transmitiu de forma definitiva a paixón pola nosa literatura, até o punto de decidirme a estudar Filoloxía Galega”. “Pilar facía unha poesía interesantísima e hermética, lela era un reto que me fascinaba. Fixen varios traballos sobre ela, o que favoreceu o noso reencontro aínda que eu xa era outra persoa, estaba medrando a camiño do que son hoxe, profesor de literatura, coma ti, Pilar, en grandísima parte grazas a ti. Que importante es para min! Estareiche eternamente agradecido!”.
Tamén tomarán a palabra familiares e amigas de Afonso Mendes. A nota musical virá da man de Ricardo R. Morente e de Serxio Moreira.
Reaccións na rede
Após terse coñecemento do falecemento repentino de Afonso Mendes foron numerosas as persoas, nomeadamente do ámbito do soberanismo, que amosaron as súas condolencias nas redes sociais.
📝 ARTIGO 📝
— BRIGA (@GzBRIGA) July 31, 2019
AFONSO MENDES SOUTO: ATÉ SEMPRE, CAMARADA!
Publicamos a modo de homenagem um pequeno texto com imagens em volta à figura do membro-fundador de BRIGA recentemente falecido:
➡ Para lerdes o artigo completo sobre o Afonso:
⛓ https://t.co/9jMDxCOubc ⛓ pic.twitter.com/Oluk76TjbS
Resenha do recentemente falecido Afonso Mendes, militante independentista em múltiplos frentes e imprescindível para o movimento na cidade da Corunha. Até sempre, companheiro!https://t.co/ANSMQAorfT #galiza
— galizalivre (@galizalivre1) July 31, 2019
A Associaçom de Estudos Galegos em memória do companheiro Afonso Mendes Souto https://t.co/jAQTgagGsn pic.twitter.com/nUBNsffuZn
— aeg (@aestudosgalegos) July 30, 2019
Sentimos a perda tan repentina e inesperada do voso compañeiro.
— BNG A Coruña (@BNGACorunha) July 30, 2019
DEP Afonso Mendes. https://t.co/EwouyOu8KE
O Diário Liberdade soma-se à dor pola perda do Afonso Mendes, patriota e comunista https://t.co/dmBBFH5R0S pic.twitter.com/OD80oq0X6K
— Diário Liberdade (@diarioliberdade) July 30, 2019
Desde Erguer sumámosnos ás condolencias polo pasamendo dunha peza fundamental na historia do movemento independentista e estudantil galego, difusor da nosa lingua e precursor de numerosas iniciativas socioculturais.
— Erguer Galiza (@erguergaliza) August 1, 2019
Afonso, xente coma ti, marcou o noso camiño. Ata sempre compa! pic.twitter.com/2YkeB4PBDb
Afonso Mendes Souto, in memoriam : "Mudar a realidade, construir de abaixo para acima, está nas nossas maos." https://t.co/MYy56jImRO
— PGL.gal (@pglingua) July 30, 2019
Desde a @FArtabria queremos manifestar as nossas condolências pola morte de Afonso Mendes Souto amigo e destacado ativista pola nossa causa nacional e na defesa da nossa língua. Que a terra lhe seja leve. pic.twitter.com/FK7dfhP9z9
— Fundaçom Artábria (@FArtabria) July 30, 2019
Triste jornada polo falecimento do ex-camarada Afonso Mendes Souto.
— Primeira Linha (@PrimeiraLinhaGZ) July 30, 2019
Sentimos profundamente a sua desapariçom física.
Os seus contributos na heroica construçom do comunismo revolucionário galego som imperecedeiros.
Vivirás sempre na melhor história da Galiza rebelde e combativa! pic.twitter.com/F6c89eZeKV
AFONSO MENDES SOUTO IM MEMORIAM
Com pesar e tristeza, recebemos notícia inesperado falecimento do Afonso.
Formou parte ativa segunda geraçom militante, que início século contribuiu construçom esquerda independentista e socialista articulada à volta binómio Primeira Linha/NÓS-UP. pic.twitter.com/Nf0Ig3qo2q
— Agora Galiza-Unidade Popular (@AgoraGaliza) July 30, 2019
Enorme tristeza e consternaçom pola morte de Afonso Mendes Souto.
— Carlos Morais (@carlosmoraisgz) July 29, 2019
Compartilhsmos militância em Primeira Linha na luita por umha Pátria Socialista.
Inteligente, culto, dos que acreditavam no que fazia. pic.twitter.com/Ce6Ze7j8dt
Recebemos com.forte impressom a nova do falecimento de Afonso Mendes Souto, independentista galego, militante e promotor de distintas iniciativas de construçom nacional. Vaia desde aqui a nossa dor e as condolências para os seus familiares, amig@s e companheir@s. D. E. P. pic.twitter.com/29VCqMR6t4
— Causa Galiza (@CausaGaliza) July 29, 2019
Hoje, a tragédia bate em nós novamente e devemos dizer adeus a Afonso Mendes Souto, independentista, difusor da nossa língua e umha das pessoas promotoras deste Centro Social. Mal temos palavras. Apenas para enviar um abraço e sentidas condolências a família, amizades e achegados pic.twitter.com/WCgdpoNEBA
— C.S. Gomes Gaioso (@CSGomesGaioso) July 29, 2019
Alén de Twitter, en Facebook tamén se deixaron sentir as condolencias polo falecemento de Afonso Mendes Souto, como as de Goretti Sanmartín Rei, portavoz do BNG no Concello de Compostela, que escribiu: "Acabo de ficar desolada após coñecer o falecemento de Afonso. Un gran alumno, un activista comprometido, unha excelente persoa. Cantas lembranzas! Que a terra che sexa leve, Afonso!".
A cantora María Xosé Silvar, Ses, tamén despediu Afonso Mendes con este texto: "Galiza perdiu un mestre, un profesor, un investigador, un escritor. Galiza perdiu un docente vocacional, agarimoso e talentoso. Perdemos un espallador de cultura e amor propio; de feminismo e coherencia; de humor e dignidade. As súas amigas e amigos desfrutamos dun sorriso e unha intelixencia só comparabeis en magnitude coa súa capacidade de amar, de dar e de respectar. Sen ti quedamos moi tristes, Fon, quedamos moi orfas, moito menos ledas, moito menos enérxicas, moito menos quentes e frescas a un tempo. Ti, con ese riso que nos facía doer a barriga e con esa infinita capacidade de ser sensíbel e irmán sen resultar edulcorado e “hortera” (perdóame o españolismo). Fon, eu tampouco gosto das poses sensibleiras, pero quero que a xente saiba que nós perdemos un amigo que non podería deixar un oco máis grande, que hai moita xente chorando por non poder rir ao teu carón. Perdemos unnha inmensidade, Fon, mais non perdemos nada en comparanza co que perde o noso País. Galiza perde un dos seus fillos máis valiosos e agradecidos, máis lúcidos, xenerosos e valentes. Un deses que, como Castelao, eran fonte inesgotábel de amor e humor; un deses que ensinaban do único xeito que se pode ensinar: co exemplo. Galiza perde un un resistente invencíbel, por forte e por humilde. As túas amigas seguiremos o teu legado: “Mudar a realidade. Construir de baixo para cima. Está nas nossas maos”.
Eduardo Maragoto, presidente da AGAL, puña de manifesto: "Morreu Afonso Mendes: que notícia terrível. Pola sua juventude e também polo muito que deixará de dar à língua na sua Corunha natal, onde se tinha tornado num dos principais referentes do reintegracionismo: com os seus cursos (também os que deu para a AGAL), com os seus artigos, com a sua imprescindível participaçom no Centro Social Gomes Gaioso. Quanto a mim, fico com pena de nom ter compartilhado mais momentos pessoais com ele. Sempre andávamos por sítios parecidos, encontrando-nos e também desencontrando-nos em diferentes projetos linguísticos, e até recebendo a sua inestimável ajuda em várias ocasiões, mas nom cheguei a desfrutar como teria gostado da pessoa culta que diziam que era. Grande abraço à família e a tod@s @s camaradas da Corunha!".