Miguel Quiroga Bóveda, profesor: "Hai moito prexuízo en pensar que certa vestimenta é moi feminina para un rapaz"

A protesta "A roupa non ten xénero" nace como movemento de apoio á agresión sufrida o día 27 de outubro de 2020 por Mikel, un alumno bilbaíno que decidiu acudir ao instituto en saia. No IES Johan Carballeira, en Bueu, un grupo de persoas coordináronse para manter esa reivindicación viva e prolongala no tempo. Cada día 4 convocan alumnado e profesorado para que acudan ao centro en saia como sinal de reivindicación da liberdade de expresión. A actividade está organizada polas alumnas Lía Menduíña Otero, Iria Estévez Juncal, Paula Montejano Otero e Samella Clara Honorato de Moura xunto ao profesor Miguel Quiroga Bóveda. Nesta entrevista contestas todas a un tempo.

O profesor Miguel Quiroga con Iria Estévez Junca e Samella Clara Honorato de Moura ademais de alumnas e alumnos nunha das protestas do día 4 de cada mes (IES Johan Carballeira)
photo_camera O profesor Miguel Quiroga con Iria Estévez Junca e Samella Clara Honorato de Moura ademais de alumnas e alumnos nunha das protestas do día 4 de cada mes (IES Johan Carballeira)
Comentarios