O goberno español desbota facerse coa propiedade do Centro Galego de Bos Aires

A entidade está en risco de desaparición. Unha iniciativa social demandaba recentemente a intervención da Xunta e do estado español. O Goberno non fará ningunha oferta para se facer coa súa propiedade, indica o executivo en resposta a unha pergunta de Miguel Anxo Fernán Vello (En Marea).

Centro Galego de Bos Aires
photo_camera Un aspecto do Centro Galego de Bos Aires
Comentarios