O foco de Arteixo, con 39 positivos, alcanza xa o da Mariña

O Sergas sitúa este domingo o número de casos activos de coronavirus en 321, 13 máis que na pasada xornada, malia as 13 curacións das últimas horas. O foco de Arteixo suma oito novos positivos, até os 39, os mesmos que rexistraba onte o da Mariña, que chegou a sobrepasar os 180 nas primeiras semanas de xullo. 

 

2020042314572348560
photo_camera Os casos medran na Galiza por décimo día consecutivo.
Comentarios