Máis de 20.300 traballadores participaron nalgunha greve en Galiza durante 2015. O noso páis é o segundo territorio do Estado onde máis persoas asalariadas participaron en greves no ano pasado, só superado por Catalunya. Embora representar menos do 6% da poboación total do Estado e por volta do 5,5% da poboación asalariada, os galegos representamos o 12% dos traballadores que no conxunto do Estado protagonizaron unha greve durante o 2015. En Catalunya foron 71.042, en Madrid por volta de 17.500 e en Euskadi, 10.847. Asturies pon o ramo ao ranking das cinco autonomías con maior conflicitividade social en participación en greves, con 9.000 traballadores secundando algún destes protestos.
Embora representar o 5,5% da poboación asalariada, os galegos representamos o 12% dos traballadores que no conxunto do Estado protagonizaron unha greve durante o 2015.
Eses 20.342 traballadores que en Galiza protagionizaron greves son unha cifra inferior nun 17% á rexistrada en 2014, cando foron 24.600 as persoas asalariadas que tomaron parte neste tipo de protestos laborais en Galiza. Porén, o descenso a nivel de Estado foi maior, cunha caída do 21,5% entre 2014 e 2015, ao pasar dos 217.000 de hai dous anos aos 170.500 do exercicio 2015.
As xornadas non traballadas na Galiza por causa das greves ascenderon a 36.230. Só Catalunya e Madrid nos superan neste medidor da conflitividade laboral. No conxunto do Estado foron 497.000 as xornadas que non se traballaron polos paros. Un descenso do % a respeito de 2014.
Imaxe: Susete de Ferrol