En poucos días Galiza pasou de estar por baixo dos 400 casos activos a se dirixir con paso firme cara aos 900. Esta cuarta feira son 827 os casos activos rexistrados, 87 máis que na terza. Un aumento no que a área sanitaria da Coruña, con 59 novos casos, continúa a liderar esta suba.
O incremento dáse en todas as áreas sanitarias, algo habitual nas últimas xornadas, agás a de Pontevedra, que se mantén nos 45
Dos 827 casos activos de Covid-19 na Galiza, 463 son da área da Coruña (59 máis ca onte), 84 da de Lugo (+4), 54 da de Ourense (+6), 45 da de Pontevedra, 116 da área de Vigo (+8), 45 da de Santiago (+4), e 20 da de Ferrol (+9).
Do total de pacientes positivos, 3 están en UCI, 35 en unidades de hospitalización e 789 no domicilio.
Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.476 persoas curadas, rexistrándose 622 falecementos. A última persoa falecida trátase dunha muller de 89 anos da área sanitaria da Coruña.
O número de PCR realizadas é de 269.448.
No que atinxe ás residencias de anciás, hai 5 casos activos, dos que 3 corresponden a persoas usuarias e 2 a traballadores.