O investimento sanitario en mínimos

Galiza á cola do Estado en investimento en Atención Primaria

O investimento en Atención Primaria da Xunta da Galiza sitúase en 182, 3 euros por habitante. Mentres no conxunto do Estado o diñeiro destinado a sufragar os servizos sanitarios non hospitalarios e especializados representa o 14,2% do gasto total en saúde, na Galiza esa cifra colócase en 11,9%. Así as cousas, o Goberno galego só supera en esforzo inversor en Atención Primaria ao Executivo madrileño e o das Illes Balears, ficando moi lonxe dos territorios de cabeza como Estremadura ou Castela-A Mancha. Os déficits na calidade asistencial teñen unha explicación clara
Mobilización en Compostela en 2019 en defensa da Atención Primaria. (Foto: Europa Press).
photo_camera Mobilización en Compostela en 2019 en defensa da Atención Primaria. (Foto: Europa Press).
Comentarios