A Galiza chora os mortos no mar

Bandeiras a media hasta e crespóns espalláronse polo territorio galego pola traxedia do Vila de Pitanxo, ao tempo que o Goberno decretaba tres días de loito oficial. Malia que o operativo de rescate continuou até a noite, con cada vez máis pesqueiros uníndose aos traballos, ao longo do día non se atoparon máis superviventes nin máis corpos dos mariñeiros falecidos. 12 membros da tripulación aínda están desaparecidos.
O presidente, Alberto Núñez Feixoo, e o resto do Goberno durante o minuto de silencio. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
photo_camera O presidente, Alberto Núñez Feixoo, e o resto do Goberno durante o minuto de silencio. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
Comentarios