Galiza abeira os 2.500 casos de coronavirus e suma 83 persoas hospitalizadas, 13 na UCI

Todas as áreas sanitarias galegas sumaron onte casos de coronavirus, até chegar, en conxunto, aos 2.452 casos activos, segundo os últimos datos comunicados polo Sergas. Son 146 máis que na xornada previa. Computando as 67 altas epidemiolóxicas rexistradas nas últimas 24 horas, os novos casos ascenden a 213. 
ilg_20200818_PUNTO_COVID_VENTORRILLO-03 (1)
photo_camera O Sergas realiza probas a persoal vulnerábel da Coruña, así como doutros concellos limítrofes, no Punto Covid do Ventorrillo.
Comentarios