A Galiza supera os 500 casos activos e rexistra un repunte de contaxios a 60

A Galiza chega ao final da semana cun incremento de casos activos de Covid-19 e alcanza os 505, así como cunha repunta dos novos contaxios a 60 -que supoñen 27 máis que o día anterior-, mentres que descenden a 25 os pacientes hospitalizados -dous menos-. Pola súa banda, a taxa de positividade dispárase a un 2,7%.

Cribado poboacional con tests de antíxenos na área sanitaria de Ourense. (Foto: Xunta da Galiza).
photo_camera Cribado poboacional con tests de antíxenos na área sanitaria de Ourense. (Foto: Xunta da Galiza).
Comentarios