O galego de 'Nós Diario' conquista as aulas

A iniciativa de dúas profesoras do departamento de Lingua Galega do IES Torrente Ballester de Pontevedra levou Nós Diario ás aulas do instituto. O alumnado de 2º da ESO tivo a oportunidade de coñecer o deseño do xornal, as súas seccións, a disposición das novas, mais tamén, a ocasión de traballar co galego e coas palabras que lle dan vida ao diario. 
ies torrente nos  900
photo_camera Alumnas e alumnos de 2º da ESO do IES Torrente Ballester levaron Nós Diario ás aulas de Lingua Galega.
Comentarios