O inicio do curso escolar na Galiza podería estar marcado por unha folga, segundo avanzou a Cadea Ser Galiza. Segundo puido saber esta emisora, a CIG, sindicato maioritario na educación galega, exporá nos vindieros días aos demais sindicatos a convocatoria dunha folga en todos os niveis educativos se a Xunta non rectifica o seu protocolo para a Covid de inicio de curso
Segundo as fontes consultadas, hai consenso entre os sindicatos da necesidade de mobilizarse ante a actitude da Xunta, “que se negou a acordar a normativa que regulará o acceso e a presenza dos alumnos nas aulas”, indica a emisora.
Noutros territorios do Estado, como é o caso de Madrid, a convocatoria dun paro no inicio de curso xa está en marcha por parte de diferentes sindicatos