Paro absoluto, marchas masivas: Galiza, contra a LOMCE

A Plataforma galega en defensa do ensino público cifra o seguimento da folga nun 90% e considera que a xornada de loita supuxo "un 'non' rotundo contra a LOMCE". As 14 manifestacións convocadas pola plataforma galega foron, na Galiza, as máis multitudinarias deste 24 de Outubro. Xa no serán, miles de persoas voltaron a saír ás rúas, desta volta chamadas pola plataforma en que se organizan os sindicatos de ámbito estatal.

enorme
photo_camera Mobilización en Vigo [Imaxe: CIG-Avantarvideos]
Comentarios