Fiscalía do TSXG traslada ao xulgado dúas denuncias contra a mina de Touro-O Pino

A primeira fai referencia ás reiteradas verteduras da balsa de Bama ao río Brandelos, afluente do Ulla, e ao depósito de materiais contaminantes procedentes desta antiga corta mineira. A segunda tipifica como presuntos delitos contra o medio ambiente as verteduras contaminantes da balsa de Angumil ao dominio público.

Antiga explotación de cobre de Touro (Imaxe: Adega)
photo_camera Antiga explotación de cobre de Touro (Imaxe: Adega)
Comentarios