A Fiscalía abre unha investigación por danos ambientais en Estaca de Bares

A Fiscalía vén de abrir dilixencias para determinar se existen indicios de delito en varias actuacións desenvolvidas na Zona de Especial Conservación de Estaca de Bares (Mañón) para, no seu caso, trasladalas ao xulgado. A investigación parte da denuncia da Sociedade Galega de Historia Natural, que alerta da "desfeita" que tivo lugar nesta zona, derivada das accións de acondicionamento "para promover e facilitar as visitas turísticas", das que culpa as Administracións.
2020012718502733736
photo_camera A denuncia inclúe actuacións para a celebración dunha etapa da Volta Ciclista a España en 2018.
Comentarios