O Festigal acolle a última presentación de SERMOS O DIARIO GALEGO

No marco do Día da Patria Galega, Sermos Galiza instalará unha exposición sobre Sermos O Diario Galego no Festigal, onde ás 18 horas do 25 de xullo terá lugar a última presentación do proxecto, coas intervencións de Margarita Ledo, escritora, investigadora e cineasta; Comba Campoi, investigadora e promotora cultural, e Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza.

Presentación en Vigo
photo_camera Unha das presentacións de Sermos O Diario Galego
Comentarios