A pandemia do coronavirus condiciona, e non pouco, as mobilizacións deste 25N mais non as suspende. O movemento feminista galego volve hoxe tomar as rúas para denunciar a violencia machista e contra a invisibilidade que esta loita esta vivindo durante a crise sanitaria.
Diferentes colectivos en diferentes puntos do país convocan concentracións e mobilizacións no Día Internacional contra as violencias machistas.
As convocantes chaman, iso si, a respectar as debidas medidas de seguridade. "Que esta pandemia non faga esquecer outras pandemias que sufrimos as mulleres", "Contra a pandemia machista, vacina feminista", "Visibilizarmos o (in)visíbel", "Fronte ás violencias machistas, insubmisión feminista" son algúns dos lemas da xornada deste 25N.
Lugar e hora concentracións do movemento feminista
A Coruña, concentración 20h no Obelisco
As Pontes, concentración 19.30h na Praza do Hospital
A Estrada, concentración 20h diante do Concello
Ferrolterra, concentración 19h Praza Amada García
Carballo, cazolada 19.30h dende os balcóns
Catoira, concentración 20h no Adro
Celanova, concentración 19h na Praza Maior
Compostela, concentración 20h Praza do Obradoiro
Lalín, 20.30h concentración KM0.
Lugo, 20h diante do Concello
Marín, cazolada 20.30h dende os balcóns
Miño, concentración 20.30h Praza do Parchís
Ourense, manifestación 19h Subdelegación do Goberno
San Cosme de Barreiros, 20h diante do Concello
Vedra, concentración 20.30h velódromo municipal.
Vigo, manifestación 19h saída Vía Norte
Vilaboa, 20h diante do Concello
Vilagarcía, concentración 20.30h na Praza de Galicia
Ademais destas convocatorias, institucións e organizacións sindicais tamén chaman a se mobilizar e expresar o rexeitamento á violencia machista.
Un exemplo é a central maioritaria na Galiza, a CIG, que convoca para esta mañá as seguintes concentracións:
A Coruña: ás 12h na Delegación do Goberno
As Pontes: ás 12h na Praza do Hospital.
Compostela: ás 12h no Complexo Administrativo de San Caetano.
Ferrol: ás 12h no Edificio da Xunta.
Lugo: ás 11h na Subdelegación do Goberno.
Ourense: ás 12h na Subdelegación do Goberno.
Pontevedra: ás 12h na Subdelegación do Goberno.
Ribeira: ás 11:30h na Praza do Concello.
Vigo: ás 12h no Edificio da Xunta
Vilagarcía: ás 12h no Servizo Galego de Colocación