O feminismo galego sae á rúa contra as violencias do patriarcado

A loita contra as violencias machistas colleu folgos este 25-N nas rúas e prazas da Galiza. Azos para desmontar os prexuízos e os valores tradicionais do patriarcado, para virar o foco sobre os agresores e non sobre as mulleres. As cidades acolleron as manifestacións máis numerosas, pero o día contra a violencia sobre a muller demostrou tamén que o feminismo é forte noutros recunchos do país. 
 
arxina feminismo
photo_camera Marcha en Compostela, esta sexta feira (Foto: Arxina)
Comentarios