“Estas tres mulleres pagaron coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas”, di a Coordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres nun comunicado emitido este mediodía chamando á veciñanza a participar mañá nas concentracións simultáneas en vilas e cidades de todo o país para reseitar o triplo asasinato de Valga. A Plataforma Feminista Galega tamén se sumou ás convocatorias para denunciar os asasinatos desta segunda feira en Valga.
Polo momento, están confirmadas hora e lugar das concentracións nas seguintes localidades:
Valga: 20:00h. Prazuela. Praciña de Valga
Allariz, 20:00 h na Praza do Concello
A Coruña, 20:00 h., Obelisco
A Estrada, 20:30h diante do Concello
A Guarda, 20:30h Praza do "Relò"
Ames- Bertamiráns, 20:00 h na Praza da Amaía
Ames, Milladoiro, 20:00 h Paseo da Igualdade
A Rúa, 20h na Praza do Concello
As Pontes, 20:00 h na Praça do Hospital
Betanzos, 20:00 h a carón do Palco da Música
Brión 20:00 horas na praza do Concello
Bueu, 20:00 h, diante do Concello
Burela. 20:30 h. Praza da Mariña
Cabanas, 20:00 h diante Casa do Concello.
Cambados, 20:30h, Praza "A Naiciña"
Cangas, 20h Praza de María Soliña
Carballo, 20:00 h na Praza do Concello
Carnota, 20:00 h Praza de Abaixo
Cee, 20.30h Praza 8 de Marzo
Celanova, 20:00 h Praza de Celanova
Compostela, 20:00 h Praza 8 de Marzo
Chantada 20.30 h Rrúa Leonardo Rodríguez
Cuntis, 21h Praza das árbores
Ferrol, 20:00 h Diante da Xunta
Lalín, 20:30 h Praza da Igrexa
Lugo, 20:00 h diante do Concello
Melide, 20:00 h Praza do Convento
Moaña, 20:00 h na Praza do Concello
Mondoñedo, 20:30 h Para do concello
Monforte, 20.15h Campo Santo Antonio
Porriño, 20.30 h na Praza do Concello.
O Barco de Valdeorras, 20:00 h Diante do Concello
Oroso. 12:00 h Praza Isaac Díaz Pareo.
Ourense, 20:00 h na Castañeira (Parque San Lázaro)
Pontevedra, 20:00 h diante da Audiencia
Redondela, 20h na Praza do Concello
Rianxo, 20:00 h na Praza de Castelao
Ribadavia, 20h na Praza Maior
Ribeira, 20:00 h, na Praza do Concello
Sada, 20:00 h Praza de San Roque
Tordoia, 20.30h diante do Concello
Val Miñor, 20:00 h Cruce da Ramallosa
Vigo, 20:00 h no MARCO
Vilaboa, 20h diante Casa do Concello
Vilagarcía, 20:30 h, Praza de Galiza
Vila de Cruces, 20h diante do Concello
Vilalba, 20.30h Casa da Cultura
Viveiro, 20:00 h, na Praza da Fontenova
Ademais, a comunidade educativa do IES de Valga convocou a unha concentración nas portas do centro mañá, terza feira, ás 12:30 horas.
[Noticia en ampliación]