Feijóo admite que os servizos de urxencias están desbordados

O presidente da Xunta admite en público o que é unha evidencia. Os servizos de urxencias dos hospitais públicos están desbordados, tal e como veñen denunciando nas últimas semanas a representación dos traballadores dos centros da Coruña, Vigo ou Compostela. “Por suposto que hai cousas que mellorar”, afirmou na comparecencia de prensa posterior ao Consello da Xunta.
 

Colapso urxencias. Asociacion de pacientes e usuarios do CHUS
photo_camera Colapso en urxencias no Hospital de Compostela. Foto: Asociacion de pacientes e usuarios do CHUS.
Comentarios