Nove federacións de Anpas xúntanse para que as familias teñan voz "nos despachos"

Anpas Galegas está formada polas federacións de Cangas, Bueu, Compostela, Costa da Morte, Ferrolterra, Ponteareas, Vigo, Lugo e o Val Miñor. Na súa presentación pública deixaron claro que "non somos a confederación de ningunha plataforma", rexeitando as críticas realizadas desde algúns medios de comunicación.

anpasgalegas
photo_camera [Imaxe: M.Montero]
Comentarios