Tramitación de catro eólicos e unha planta de biomasa

Saen á luz os "favores" políticos de Beatriz Mato a Greenalia

Cando Beatriz Mato exercía como conselleira de Medio Ambiente pasaron polas súas mans cinco proxectos de Greenalia, a súa actual empresa. Porén, e malia acceder ao sector privado menos de dous anos despois de deixar o cargo (como fixa a lei), a Xunta considerou que non existía "incompatibilidade" ao non ter resolto "ningún" expediente. Si o fixo a directora xeral de Calidade Ambiental, nomeada pola propia Mato e subordinada dela, alén de ser a persoa competente para asinar este tipo de documentación.
Mato, no Parlamento, durante a súa etapa como conselleira de Medio Ambiente (Foto: Europa Press).
photo_camera Mato, no Parlamento, durante a súa etapa como conselleira de Medio Ambiente (Foto: Europa Press).
Comentarios