A falla de persoal fai vulnerábeis as residencias

"Nada mudou nin moito menos mellorou" nas residencias de maiores e de dependencia na Galiza a respecto da situación previa á pandemia nin durante o confinamento. Así o denuncian organizacións de traballadoras e traballadores e a federación REDE de usuarias e familiares. Coinciden todas en que o principal escollo que tiña que solucionarse para afrontar a segunda onda da pandemia é solventar a falla de persoal cualificado, tanto no sistema público, onde non se cobren vacacións, como nos centros xestionados por empresas, onde as condicións laborais son "moi precarias".  
 
Residencia privada de maiores en Allariz da Fundación San Rosendo (Imaxe: Arxina)
photo_camera Residencia privada de maiores en Allariz da Fundación San Rosendo (Imaxe: Arxina)
Comentarios