Unha trintena de patrullas do Exército, tres máis que en 2020, e dous equipos de mantemento móbil vixiarán os montes galegos contra o lume no marco da ‘Operación Sentinela’.
O Consello da Xunta autorizou a sinatura dun convenio entre o Ministerio de Defensa e a Consellaría do Medio Rural para esta actuación coa que se busca a disuasión de prácticas incendiarias.
A Consellería do Medio Rural financiará o importe dos gastos que se producen nesta colaboración, uns 470.000 euros, mesma cantidade que o ano anterior.
Persoal do servizo de extinción acusaba a Xunta de “improvisar a xestión” dos lumes forestais
O dispositivo pode incrementarse no caso de que aumente o risco de incendio. Se o risco chega a moi alto, a dotación sería de 75 patrullas e dous helicópteros de vixilancia.
A finais do mes pasado, persoal do servizo de extinción acusaba a Xunta de “improvisar a xestión” dos lumes forestais. A representación das e dos traballadores do servizo contraincendios da Xunta na central CIG-Administración acusou a Xunta de ter a organización do dispositivo de control dos lumes “en cueiros” cando comeza a tempada de maior risco nos montes galegos.