Estas actividades da Brilat estanse a realizar no marco da Operación Balmis, que coordina o mando de operacións relativa á despregadura das Forzas Armadas en Territorio Nacional para loitar contra a pandemia producida polo virus COVID-19, que se iniciou coa despregadura das forzas militares nas cidades e que se está a estender ao resto das poboacións.
Os cometidos, segundo informa a Brilat, é a desinfección da residencias de maiores Domus Vi en Barreiro-Vigo, que realizarán os equipos de descontaminación NBQ (Nuclear, Bacteriolóxico, Químico). Organizacións como o observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades Esculca tense posicionado contra o emprego de recursos militares para o control da emerxencia sanitaria.
As brigadas están a chegar tamén a outros territorios, como son, no día de hoxe, a Avilés, Villaviciosa e Palencia. En Asturias, efectivos destas unidades procederán a descontaminar a estación de tren de Noreña e a de Lugones, en Siero.