A eurodeputada do BNG Ana Miranda quere “xustiza e consolo para as vítimas do Alvia”

Ana Miranda, eurodeputada do BNG, lembra que a Comisión Europea “debe dar resposta” á denuncia contra o Estado español interposta por ela mesma sobre “vulneración da normativa comunitaria de seguridade ferroviaria”. “Agardo que en 2019 haxa avances que supoñan xustiza para as vítimas do accidente de Angrois e consolo para os seus”, engade.
 

visita Alvia Comisión Europea
photo_camera A eurodeputada do BNG Ana Miranda, a portavoz nacional do BNG Ana Pontón e representantes das vítimas do Alvia na visita á Comisión Europea. Foto: BNG.
Comentarios