Promovidos por Volantis Renovables

O Estado tramita catro novas solicitudes de parques eólicos, 44 en total

A sociedade Volantis Renovables vén de solicitar ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica a construción de catro parques eólicos —Afrende, Entremarcos, Negueira e Sembra—, que sumados aos que xa están en tramitación alcanzarían os 44 pola vía estatal. A Xunta xa emitiu informes desfavorábeis contra 36 deles por afectaren espazos protexidos ou situárense á marxe das áreas delimitadas no Plan Sectorial Eólico; porén, de se aprobar a totalidade deles, duplicaríase a potencia eólica que actualmente ten instalada Galiza.
Os 44 parques eólicos que se atopan en distintas fases de tramitación a través do Miteco (Foto e infografía: Arxina - Nós Diario).
photo_camera Á esquerda, un participante na manifestación contra os eólicos do pasado 5 de xuño en Compostela; á dereita, un mapa cos 44 parques eólicos que se atopan en distintas fases de tramitación a través do Miteco (Foto e infografía: Arxina - Nós Diario).
Comentarios