-Que esperas de O Diario Galego?
-Non hai ningún xornal diario que se exprese en galego, así que espero fundamentalmente iso. Espero que se dea un paso máis en renovar a axenda mediática galega.
-Por que cres que é necesario?
-Creo que é un síntoma de anormalidade o feito de que non existan medios en papel que se expresen en galego. Será un feito normalizador do galego, co valor simbólico e emblemático que iso ten.
-Que pegada podería ter a saída de O Diario Galego no eido da creación cultural?
-Actualmente na Galiza existe unha desproporción entre o inmenso talento creativo que hai, que ademais creceu nos últimos anos, e a pouca información que circula sobre os novos contidos culturais que se están facendo. As novas xeracións son xeracións con moita máis preparación técnica e unha mellor capacidade de desenvolvemento de novos contidos. Ten que romperse esa fenda que hai entre o alto nivel creativo que hai en Galiza e a pouca información que circula arredor destes novos contidos.
[Para facer de O Diario Galego unha realidade, necesitamos sumar 3 mil subscricións. Podes sumarte nesta ligazón]