Activado o protocolo de violencia de xénero, mais non se desbotan outras hipóteses

Por esclarecer as circunstancias do asasinato dunha muller na Coruña

Todos os indicios apuntan a que M.J.M.A., de 57 anos, foi degolada polo seu esposo, un home de 54 anos. O autor do feminicidio chamou a policía, ficou no lugar -o domicilio do matrimonio- a agardar a chegada dos axentes e non opuxo resistencia á detención. A muller padecía unha enfermidade terminal. Fontes da investigación manexan a hipótese de que o estado de saúde da muller poida ter a ver coa actuación da súa parella.

Gov
photo_camera Desde a Delegación do Goberno afírmase que o crime aínda non pode ser catalogado como violencia de xénero
Comentarios