As eólicas con intereses no Courel baten con 4.000 alegacións cidadás da Galiza e O Bierzo

A plataforma Eiquí Eólicos Non e a cidadanía en xeral alertan de que a instalación dos muíños e a súa infraestrutura de distribución da enerxía causarían danos irreversíbeis a nivel económico, industrial, paisaxístico e mesmo cultural. Lembran que esta zona de especial valor está no punto de mira de oito proxectos e advirten de que a mobilización cidadá de carácter masivo vai continuar para loitar contra o "espolio".
Protesta ante a delegación do Goberno español a pasada semana. (Foto: Eiquí eólicos non)
photo_camera Protesta ante a delegación do Goberno español a pasada semana. (Foto: Eiquí eólicos non)
Comentarios