"O persoal eventual non ten dereito a vacacións ou a permisos por matrimonio, nin a baixas por enfermidade ou embarazo. Sufrimos continuamente a mobilidade entre servizos, a concatenación de contratos durante anos", o que supón, inciden, serias complicacións para conciliar a vida familiar e social e, tamén "para ofrecer uns coidados de calidade aos pacientes que pasan polas nosas mans", sinala Catuxa Lagarón, integrante do colectivo.
Co inicio do ano e do mes de xaneiro, Enfermeiras eventuais en loita concentráronse diante dos hospitais de cabeceira e comarcais, mais tamén ás portas dos centros de Atención Primaria para poñer de manifesto o impacto que ten na calidade asistencial das galegas a baixa proporción de enfermeiras por habitantes.
Segundo denuncian, na Galiza hai 5,3 enfermeiras por cada 1.000 habitantes. A media estatal sobe até 6,5%, mentres que a europea ascende a 8,8%. "Está demostrado que con esta relación tan escasa os erros, as complicacións e os efectos adversos aumentan", denuncian.
A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.