"A emigración non é pasado; é un problema presente"

Menos de dous meses despois de que a plataforma Vía Galega lanzara a campaña 'Non emigramos, expúlsannos. Soberanía para crear traballo digno na Galiza', as demandas para que as Administracións públicas do país se comprometan co problema -"unha sangría á que lle hai que pór cancelas", explicou Anxo Louzao, un dos portavoces- xa foron debatidas en 27 concellos do país e presentadas no conxunto dos 313.

Alonso, Louzao e Veciño, durante a rolda de prensa en Compostela
photo_camera Alonso, Louzao e Veciño, durante a rolda de prensa en Compostela para presentar as mobilizacións deste sábado.
Comentarios