Elisa Fernández é impulsora de Argallando

Elisa Fernández: “Se algunha persoa ten unha flor cun recordo especial, intento facer con ela algunha peza”

Elisa Fernández é unha estudante de Bioloxía en Santiago de Compostela que vive nunha vila do Barco de Valdeorras e que confecciona pendentes e outras pequenas pezas a base de flores prensadas e resina. Baixo o nome de Argallando, conta de Instagram onde pendura as imaxes das súas pezas, vende as súas elaboracións, feitas a man de maneira artesanal, ao tempo que leva a cabo un labor de divulgación botánica para que as persoas interesadas saiban que flores están en cada peza.  
Fernández comezou a facer pezas para ela mesma e as súas amigas. (Foto: Nós Diario) #argallando #bisutería #artesanía #botánica #divulgación
photo_camera Fernández comezou a facer pezas para ela mesma e as súas amigas. (Foto: Nós Diario)
Comentarios