Elías Fernández: "Existe unha relación entre a personalización dos axentes sociais e a confianza dos humanos"

Como reacciona unha persoa diante dunha situación de risco se ten que ser interactiva cun axente artificial? Esta pregunta foi a que tentou responder a tese de Elías Fernández Domingos a través de varios experimentos de comportamento económico. Este investigador da Universidade de Vigo, actualmente na Universidade Libre de Bruxelas, traballa en levar a experiencia á práctica en procesos como o de compra-venda de enerxía.
O investigador da Universidade de Vigo Elías Fernández Domingos (Nós Diario).
photo_camera O investigador da Universidade de Vigo Elías Fernández Domingos (Foto: Nós Diario).