Coronavirus: O efecto dos festivos ameaza a estabilidade

O Comité Clínico da Xunta reúnese esta terza feira para analizar os datos da pandemia e acordar novas medidas de alivio ou restrición segundo a evolución do coronavirus. Sobre a mesa, a ampliación do horario da hostalaría e do toque de recoller. No inicio da semana, as estatísticas do Sergas comezan a reflectir os primeiros efectos da Semana Santa, con lixeiras variacións á alza que fan prever un cambio de tendencia "dentro dunha situación de estabilidade", apuntan desde o comité. 
Varias persoas comparten mesa nunha terraza da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press).
photo_camera Varias persoas comparten mesa nunha terraza da Coruña. (Foto: M. Dylan / Europa Press).
Comentarios