Educación ve "legalmente imposíbel" sumar prazas á oposición en 2021

Consellaría de Educación e sindicatos do ensino mantiveron onte unha reunión telemática da mesa sectorial. Na axenda, a negociación sobre como se materializará o aprazamento do concurso de oposicións docentes para este ano, que a Xunta, tras varias tentativas por mantelas neste ano, tivo que adiar a 2021 por mor da pandemia do coronavirus e as obrigadas restricións impostas para o seu control, cuxo desenvolvemento ten pendente a miles de aspirantes. 
2020043022510189466
photo_camera Educación e sindicatos recuníronse telemáticamente onte na mesa sectorial de ensino. (Xunta)
Comentarios