A Consellaría de Educación continúa coa externalización da acreditación do coñecemento das linguas, unha denuncia da CIG-Ensino que critica que esta opción implica, entre otras cuestión, un gasto que se retrae do orzamento do ensino público galego.
“A administración anuncia que a Alianza Francesa levará a cabo a certificacións en B2 (DELF), e C1 (DALF), iso si, usando o persoal do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) para a súa xestión”.
A formación do profesorado non pode ser unha forma de financiar entes externos, manén a central nacionalista, máis aínda cando as EOIs teñen entre as súas funcións expresas levar a cabo esta formación.