Os activistas explicaron aos presentes que a reapertura da explotación en Touro “non ten viablidade”. E avisaron da “forte oposición” veciñal á mesma, que soborda a bisbarra e esténdese Ulla abaixo. De feito, as comarcas da Arousa atópanse entre as prinicipais zonas contrarias á mina.
Os militantes ecoloxistas quixeron asegurarse de que os investidores de Atalaya Mining PLC “entendesen que a mina de Touro é imposíbel”. A compañía, que cotiza no mercado alternativo de investimentos do Reino Unido -coñecido como AIM, tamén está detras dunha mina de cinc en Cantabria e outra en Andalucía.
As persoas que interviron na xunta de accionistas por parte do movemento ecoloxista fan parte da Plataforma Touro-O Pino Non, de Ecoloxistas en Acción e das organizacións inglesas London Mining Network e Gaia Foundation.