O pasado domingo, un home de 50 anos matou a unha muller de 29, coa que estaba casado. Foi en La Caridad, no concello asturiano de El Franco. Utilizou unha arma branca e despois suicidouse. Dous menores, fillos da parella, atopábanse na vivenda.
Nesta segunda feira, en Madrid, un home de 49 anos foi detido despois de matar de cinco coiteladas a súa ex parella. O suceso ocorreu no distrito madrileño de Villaverde.
No que vai de 2018, 32 mulleres foron asasinadas no Estado español en casos de violencia machista.