Urxen a Política Social que aclare o réxime de visitas ás residencias da terceira idade

A federación galega REDE pide a Política Social que especifique cando entrará en vigor o acordo ao que chegaron o Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas para limitar -mais tamén para garantir- visitas diarias dunha hora e unha soa persoa en todos centros libres de restricións extraordinarias.

Familiares acudiron o día 15 de xuño a visitaren residentes nas instalacións de DomusVi San Lázaro, en Compostela. Imaxe: Arxina
photo_camera Familiares de visita o 15 de xuño nas instalacións de DomusVi San Lázaro, en Compostela (Arxina).
Comentarios