Deputación de Pontevedra

A directora de Saúde Pública da OMS abre a segunda parte da Facultade Ágora

A xornada organizada polo departamento de Mobilidade da Deputación reflexionará sobre como os espazos públicos de calidade en vilas e cidades poden axudar a mellorar da saúde da poboación. Tomarán a palabra o biólogo Josep Selga, o neumólogo do CHUP Adolfo Baloira e a arquitecta e ex directora da Escola Galega da Paisaxe Isabel Aguirre de Úrcola, alén da responsábel de Saúde Pública e Medio Ambiente da Organización Mundial da Saúde (OMS), María Purificación Neira.

María Purificación Neira (Imaxe: Deputación de Pontevedra)
photo_camera María Purificación Neira (Imaxe: Deputación de Pontevedra)
Comentarios