No Parlamento de Galiza

O director xeral da CRTVG di agora que a entrevista cancelada con Sés foi “adiada”

“Adiar non é o mesmo que cancelar”. Con esta afirmación, o director xeral da CRTVG Alfonso Sánchez Izquierdo negou en sede parlamentaria o veto á cantante Sés na Televisión de Galiza por vestir ela unha camiseta co lema Defende a Galega. Non aclarou se este adiamento inclúe a realización e emisión da entrevista comprometida e finalmente “adiada”.
 

alfonso sánchez izquierdo no parlamento 26 de abril de 2019
photo_camera O director xeral da CRTVG Alfonso Sánchez Izquierdo durante a súa comparecencia na comisión parlamentaria de control do ente público este 26 de abril. Foto: cedida.
Comentarios