Directivos de Talgo terían ordenado eliminar información das avarías detectadas no tren accidentado en Angrois

A Plataforma de vítimas do Alvia recibiu unha declaración xurada do ex mecánico que levou a cabo as inspeccións do convoi accidentado. Nela afirma que directivos da empresa ordenaron eliminar o rexistro de avarías do tren media hora despois do siniestro de Angrois. A información chega ás portas da reunión na que a Audiencia Provincial da Coruña ten previsto dirimir os recursos presentados polas partes ao peche da instrución do accidente.
Accidente Angrois
photo_camera Imaxe do convoi siniestrado o 23 de xullo de 2013 en Angrois (Compostela)
Comentarios