De Angrois a Castrón D’Ouro, das Piscinas a Santas Mariñas, Sar está listo para as festas patronais que, do 15 ao 17 deste mes, encherán este barrio compostelán de actividades e propostas para todas as idades. Organizados pola asociación Eu son de Sar de toda a vida, o programa contempla verbenas, actividades para crianzas, campionatos de chave, e unha aposta pola música en galego.
“Se algo tiñamos claro dende collemos as rendas da asociación era apostar polo feito no país e a música en galego porque o galego non resta nin calidade nin variedade ademais de levar a festa a todos os lugares do barrio”, dixo Pili Lueiro, presidenta da asociación. A festa vai ter, ademais, un significado especial coa recuperación dos cabezudos, cedidos por Paco Otero, o belenista de Conxo.
A comisión organizadora das festas agradece o patrocinio e apoio de Distribuciones Aldani, Queixería Barral, Galmesanoe a liña de axudas que concede a Deputación da Coruña para pór en valor a música feita en Galiza .
Programa:
Durante os 3 días da festa percorrerán todos os lugares do barrio con pasarrúas a música tradicional (Colexiata do Sar, O Recobio, Os Faíscas da Pontraga, Os Campantes da Baña) e as charangas (BB+, Os Celtas, Noroeste e Ardores)
Mércores 15
• Banda de Música de Boiro Praza da Colexiata 13.30 horas
• Maxia na praza co Mago Romarís 18.30 horas
• Concerto da Charanga en Viso 19.30 h
• Verbena: Orquestra Furia Joven 22.00 horas
• Treixadura 23.30 horas
Xoves 16
• Banda de Música de Teo + Cabezudos Praza da Colexiata 13.30 horas
• Paco Nogueiras Horta da Colexiata 18.30 horas
• Concerto da Charanga en Angrois 19.30 h
• Verbena: Orquestra Cinema 22.00 horas
• Concerto A Banda da Balbina 24.00 horas
Venres 17
• Sesión vermú: Orquestra Alkar
• Verbena: Orquestras Alkar e Essencia